Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio dunha furgoneta deixa sen luz un pavillón deportivo en Marín

O incendio dunha furgoneta deixa sen luz un pavillón deportivo en Marín

Os veciños denuncian que os incendios en colectores e vehículos se repiten nos últimos meses

G24.gal 21/08/2024 14:10

A Policía Nacional investiga o incendio dunha furgoneta, en plena madrugada, no barrio de San Pedro, en Marín. O lume espallouse ata o cadro eléctrico do pavillón da Raña, que quedou sen subminsitración eléctrica. Os técnicos municipais avisaron os adestradores, que buscaron as zonas con luz natural para traballar.

Os veciños xa non se sorprenden. Din que os incendios, de colectores sobre todo e tamén dalgún vehículo, véñense repetindo nos últimos meses. Todo fai pensar que se trata de incendios intencionados e reclaman máis vixilancia. 

Os traballadores municipais tentan xa devolver a subministración eléctrica canto antes ao pavillón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade