Publicador de contidos
Publicador de contidos

O independentismo reúne 4.500 persoas en Barcelona no sexto aniversario do 1-O

O independentismo reúne 4.500 persoas en Barcelona no sexto aniversario do 1-O

Puigdemont afirma que a fórmula para a independencia existe, só hai que aplicala

As negociacións para a investidura de Pedro Sánchez marcaron a xornada

Puigdemont, no acto central deste 1-O
G24.gal 01/10/2023 21:08 Última actualización 01/10/2023 21:21

O independentismo catalán celebrou este domingo o sexto aniversario do referendo ilegal do 1 de outubro en pleno debate sobre as negociacións con ERC e Junts para unha investidura de Pedro Sánchez como presidente do goberno. 

A posible amnistía aos encausados do proceso soberanista centrou os actos celebrados ao longo da xornada, que rematou pola tarde cunha manifestación conxunta do Consello da República, a Asemblea Nacional Catalana e Omnium Cultural. Diante de máis de 4000 persoas, segundo a garda urbana, o presidente desta entidade Félix Antich dixo que loitan pola amnistía para forzar o Estado a recoñecer que os 1.500 condenados e sancionados por esta causa non cometeron delito ningún. 

A presidenta da ANC, Dolors Feliu asegura que só teñen un obxectivo, que é a indenpendencia, e pediulles aos políticos que sexa coherentes. 

O expresidente Carles Puigdemont e líder de Junts pechou o acto cunha intervención telemática en que afirmou que o 1 de outubro é un exemplo de resiliencia e resistencia e que non poden perder o norte buscando saídas persoais. O referendo, dixo, converteuse nunha referencia política inescusable.

"A fórmula existe, e só temos que decidirnos a aplicala; témolo nas nosas mans e depende da nosa vontade".

Case á mesma hora outra manifestación dos CDR, os Comites de Defensa da República, cortaba a diagonal de Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade