Publicador de contidos
Publicador de contidos

O inicio de temporada do Celta lembra os das temporadas máis complicadas

O inicio de temporada do Celta lembra os das temporadas máis complicadas

O equipo de Benítez só sumou un punto en catro partidos como local, peor rexistro histórico

Os goles adoitan chegar nos últimos minutos dos partidos

G24.gal 30/09/2023 13:43

Cando acabou o partido co Alavés, Benítez entrou no campo e foi a por Unai. A falar do que pasou no gol rival, de como o defensa quedou parado e permitiu o empate. Un empate que acendeu as alarmas.

Un empate que deixou ao Celta ao fío do descenso. As estatísticas sinalan que os problemas chegan no treito final. O 70 % dos goles encáixaos nos últimos 20 minutos. Que aí xa non adoita estar Aspas. E que alcanzan o seu nivel máis álxido en Balaídos, un punto en catro partidos. 

E por iso a afección apoia e Benítez agradece. Porque hai problemas que traen a lembranza de temporadas anteriores. De arrancar con ilusión e acabar sufrindo co descenso. Ano tras ano..., como aquela canción do O Caimán do Río Tea, de estar dando voltas como nunha lavadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade