Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Juan Sebastián Elcano chega á ría de Pontevedra para pechar o seu cruceiro de instrución

O Juan Sebastián Elcano chega á ría de Pontevedra para pechar o seu cruceiro de instrución

A próxima semana, o rei Filipe VI e a princesa Leonor visitarán as instalacións da Armada en Marín

G24.gal 11/07/2024 18:13

O buque escola Juan Sebastián de Elcano xa está na ría de Pontevedra, onde este venres pechará en Marín o seu cruceiro de instrución número 96.

O barco ten previsto atracar cara ás nove e media da mañá no coñecido como peirao de torpedos da Escola Naval de Marín, onde permanecerá ata o mércores 17 de xullo, día no que partirá cara ao seu porto base en Cádiz.

Despois de seis meses dunha singradura na que se formaron 82 gardamariñas, a embarcación será recibida nun acto que presidirá o comandante director da Escola Naval Militar, o capitán de navío Pedro Cardona.

A próxima semana, o rei Filipe VI e a princesa Leonor visitarán as instalacións da Armada en Marín para o acto de entrega dos reais despachos aos novos oficiais.

Na Escola Naval, Leonor continuará, previsiblemente a finais de agosto, a formación militar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade