Publicador de contidos
Publicador de contidos

O K4 500 e o C2 200 femininos pasan directamente á final; o K4 masculino, a semifinais

O K4 500 e o C2 200 femininos pasan directamente á final; o K4 masculino, a semifinais

Éxito dos piragüistas galegos no Mundial de Alemaña

Federación Española de Piragüismo Federación Española de Piragüismo
G24.gal 23/08/2023 13:38 Última actualización 23/08/2023 13:44

O K4 500 feminino que forman Sara Ouzande, Estefanía Fernández e as galegas Carolina García e Teresa Portela e o C2 200 de Antía Jácome e María Corbera clasificáronse directamente para as respectivas finais do venres nos campionatos do mundo de piragüismo que se disputan en Duisburgo (Alemaña) e que actúan como clasificatorios para os Xogos Olímpicos de París 2024.

O K4 masculino dos campións do mundo e subcampións olímpicos Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Marcus Cooper e Rodrigo Germade accedeu a semifinais sen problemas, segundo na súa serie con 1:19.920, por detrás de Serbia.

Tamén os kaiaks de Hungría e Ucraína fixeron mellor tempo que o español. A marca de 1:30.474 do K4 feminino foi a mellor de todas as series e coa súa primeira praza as españolas aforráronse o trámite das semifinais.

No CS 200 Jácome e Corbera entraron en meta en 42.960, aínda que a súa serie foi máis lenta que a primeira, na que a canoa chinesa marcou 42.230. 

Adrian Sieiro, acadou o terceiro posto no C1 500, e tamén estará en semifinais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos