O K4 masculino asegura a súa presenza nas semifinais
O K4 masculino asegura a súa presenza nas semifinais
Craviotto, Cooper, Arévalo e Germade quedaron segundos da súa quenda
Atravesaron a liña de meta en 1:20:60 e líbranse de competir nos cuartos
O k4 masculino español escolleu a vía rápida. A piragua de Saúl Craviotto, Marcus Cooper, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo foi segunda na súa manga e, sen exprimirse demasiado, pasou directa a semifinais. Líbranse de competir hoxe martes nos cuartos de final e gardan forzas para as semifinais.
Os españois foron en cabeza na primeira parte da proba, e estableceron un bo ritmo. Ao final, os alemáns adiantáronos e relegáronos á segunda posición. Pero o premio é o mesmo. Tranquilidade, e unha rolda menos na que gastar os folgos.
Con este resultado, os españois loitarán directamente por pasar á final olímpica e coroarse de novo cunha medalla. Os catro españois teñen entre cella e cella o ouro, e nesta serie amosaron que teñen o necesario para optar a el.