O Kun Agüero, baixa en Balaídos por unha alteración cardíaca
O Kun Agüero, baixa en Balaídos por unha alteración cardíaca
O Barcelona confirmou a baixa do Kun Agüero para os vindeiros tres meses. O dianteiro arxentino non estará en Balaídos logo de sufrir unha arritmia no último partido de liga diante do Alavés e estar en observación hospitalaria nas últimas horas.
Agüero, que comezara a entrar no equipo logo de superar unha lesión, notouse indisposto logo do último encontro do Barcelona. Realizáronlle probas e os servizos médicos do conxunto catalán decidiron afastalo da práctica deportiva de alto nivel ata non teren controlada a situación.
[COMUNICADO MÉDICO]
— FC Barcelona (@FCBarcelona_es) November 1, 2021
El jugador Kun Agüero ha sido sometido a un procedimiento diagnóstico y terapéutico a cargo del dr. Josep Brugada. Es baja y durante los próximos tres meses se evaluará la efectividad del tratamiento para determinar su proceso de recuperación pic.twitter.com/PQ930D9vKd