Publicador de contidos
Publicador de contidos

O leite de vaca galego segue sendo o peor pagado de España

O leite de vaca galego segue sendo o peor pagado de España

A diferenza con outras comunidades é de ata tres céntimos por litro

Cada mes déixanse de ingresar 6,4 millóns de euros nas granxas galegas

Andrés Pavón 07/10/2024 18:41 Última actualización 07/10/2024 18:58

Unha granxa galega que teña 70 vacas en produción cobra mensualmente polo seu leite 3.000 euros menos que outra situada en Asturias, Cantabria ou calquera outra comunidade. O litro págase de media en Galicia a 44 céntimos fronte aos 47 do resto do estado. O certo é que non hai ningunha explicación para esta diferenza, ou polo menos as industrias non llela ofrecen aos gandeiros galegos.

"É algo que vén de moitos anos atrás, pero nunca se nos deu unha explicación aínda que a pedimos", explica José Luis Pérez, presidente de Agromuralla.

Maior volume de produción, maior calidade e cantidade de pastos e forraxes que diminúen os custos, dispersión das granxas que sobe os gastos de transporte... poderían ser escusas para este desequilibrio, pero as organizacións agrarias xa demostraron que ningún deses parámetros pode levar -nin só nin combinado cos outros- a que o leite galego saia máis barato.

"Fálase de que temos máis e mellores forraxes, pero iso non ten por que incidir no prezo xa que non é cousa da industria.", insiste Pérez.

Estas vacas galegas son incluso máis produtivas ca as do resto do estado. Pero o seu leite págase menos. Unha situación de vello para a que non hai explicación convincente.

Cada mes, as granxas galegas reciben seis millóns e medio de euros menos que as do resto de comunidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade