O Leyma Básquet Coruña formaliza a súa inscrición na ACB
O Leyma Básquet Coruña formaliza a súa inscrición na ACB
“A este reto dedicaremos o máximo compromiso e empeño, contando co imprescindible apoio da afección laranxa", sinala a entidade no seu comunicado
O Club Básquet Coruña formalizou a súa inscrición na Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) tras ser validada toda a documentación presentada, polo que a tempada 2024-25 competirá na liga Endesa por primeira vez na súa historia.
“A este reto dedicaremos o máximo compromiso e empeño, contando co imprescindible apoio da afección laranxa, esencial no camiño percorrido e no que se abre a partir de agora”, sinala a entidade presidida por Roberto Cibeira no seu comunicado.
O equipo laranxa anunciou a semana pasada que o británico Charlie Uzal, técnico axudante do español Pep Clarós na selección de Angola, é o novo director deportivo do equipo. Entre el e o adestrador Diego Epifanio teñen por diante o reto de configurar o persoal para a histórica estrea na ACB.