Cargando resultados...
O Leyma Básquet Coruña renova o corpo técnico do ascenso á ACB
O Leyma Básquet Coruña renova o corpo técnico do ascenso á ACB
O equipo seguirá liderado por Diego Epifanio, quen xa renovara a mediados de maio tras lograr o ascenso
Leyma Básquet Coruña
G24.gal
09/07/2024 11:55
Última actualización 09/07/2024 11:58
O Club Básquet Coruña anunciou este martes a renovación dos integrantes do corpo técnico do primeiro equipo, o cal seguirá liderado por Diego Epifanio, quen xa renovara a mediados de maio tras lograr o ascenso á liga ACB.
Román Gómez e Carlos Penedo ratifican os seus postos como adestradores axudantes de Epifanio, en tanto que Francisco Fernández manterase como delegado. Gustavo Gago, o máis veterano no club, seguirá como preparador físico e Carlos Lariño, como médico.
O pasado 1 de xullo, a entidade coruñesa formalizou a súa entrada na ACB para asegurar a súa participación na liga Endesa de baloncesto por primeira vez na súa historia.