Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Basquet Coruña traballa arreo para ter un equipo competitivo

O Leyma Basquet Coruña traballa arreo para ter un equipo competitivo

Charlie Uzal, director deportivo do club, fala sobre a política de contratacións de cara ao debut na ACB

Busca xogadores que cadren no esquema de Epifanio e quere ter varios nomes con experiencia na competición

Charlie Uzal, durante a entrevista
G24.gal 16/07/2024 13:56

O Leyma Basquet Coruña traballa arreo para confeccionar un equipo á altura da ACB que consiga a permanencia e plante a semente necesaria para ter continuidade na competición. A máxima categoría nacional é algo novo para o Leyma. Pero Charlie Uzal está convencido de que os nomes que estreen a pista do Coliseum van ter experiencia a ese nivel de esixencia.

O director deportivo da entidade coruñesa apuntou que hai varias renovacións que se anunciarán de maneira inminente, nos próximos días. Tardarán algo máis as fixaches. "Temos conversacións con varios xogadores, pero hainos que pechar ao cen por cen", apunta. O galés opta por moverse polo mercado con tino e contratar efectivos dunha maneira intelixente.

O equipo final que teñen en mente na Coruña ten como máxima prioridade contar con xogadores que encaixen co adestrador. Varios nomes do ascenso dende LEB Ouro e fichaxes. Algunhas delas con experiencia na ACB, algo imprescindible para Uzal, que quere que no cadro de xogadores varios deles teñen nas súas costas varias tempadas na máxima categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos