Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña acaba a primeira volta no segundo posto e xogará a Copa Princesa

O Leyma Coruña acaba a primeira volta no segundo posto e xogará a Copa Princesa

O equipo coruñés quitoulle a praza a San Pablo Burgos na última xornada

O COB logrou o triunfo diante do Valladolid e acaba a primeira volta con 8 vitorias

G24.gal 12/01/2024 22:33 Última actualización 12/01/2024 22:57

Estaban en xogo as dúas primeiras posicións da Liga Leb Ouro con catro equipos na lea. O Estudiantes gañou co que rematou na primeira praza. O Leyma Coruña tiña que gañar e agardar un tropezo do Burgos ou remontar 11 puntos con eles. Non precisou a remonta porque os burgaleses caeron diante do Betis e a Leyma chegoulle con gañar o partido diante de Melilla (97-82) para acabar na segunda posición. 

Será a primeira vez que o equipo coruñés xogue a Copa Princesa. Unha final que terá a Estudiantes como anfitrión e deixa de manifesto o bo momento no que remataron a primeira volta. Un balance de 13-4 fala ás claras das ambicións para a segunda volta dos de Epi. 

O COB acabou a primeira volta con triunfo. Gañoulle ao Valladolid por 99-77 e remata a primeira volta con 8 vitorias e pelexando por entrar nuns hipotéticos play offs. O que está é moi afastado dos postos de perigo o que vai dar moita tranquilidade para traballar na segunda volta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos