Publicador de contidos
Publicador de contidos

Micovic aterra no Obradoiro

Micovic aterra no Obradoiro

O ala-pivote serbio procede do BC Jonava lituano, onde anotou 13 puntos de media a tempada pasada

Trátase dun xogador cun gran tiro exterior

G24.gal 24/07/2024 11:34

O Obradoiro continúa a reforzar o seu cadro para esta tempada. Agora é a quenda de Strahinja Micovic, un 4 serbio capaz de anotar desde a liña de tres puntos. O interior convértese na oitava incorporación para o conxunto santiagués, que aspira a volver á Liga ACB.

Micovic chega ao Fontes do Sar desde o BC Jonava de Lituania. En terras bálticas mediou 13 puntos e case cinco rebotes. Uns números que se viron incrementados na FIBA Europe Cup, na que anotou máis de 16 puntos e capturou máis de sete rebotes de media por partido. O xogador de 32 anos conta cunha dilatada experiencia na elite do baloncesto  europeo, e pasou previamente por equipos doutros países, como Alemaña, Bosnia, Montenegro ou a súa Serbia natal.

A súa alta porcentaxe de acerto desde a liña exterior convérteo nunha grande ameaza para as defensas rivais. Un xogador de garantías para o Obradoiro, que gaña centímetros coa fichaxe e ve reforzada a súa parcela ofensiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade