O Leyma Coruña leva o derbi do Paco Paz (70-80)
O Leyma Coruña leva o derbi do Paco Paz (70-80)
O equipo coruñés presenta a súa candidatura ao ascenso
O COB e o Leyma viven dúas realidades distintas e o Paco Paz foi o testemuño diso. Os ourensáns pelexan pola permanencia. Os coruñeses presentan con cada vez mais solvencia a súa candidatura para o ascenso. Dúas dinámicas que se evidenciaron tras o descanso. Nos primeiro minutos o COB contivo como puido a superioridade do rival. Contou cun Kur Kuath inmenso preto do aro. Antou 21 puntos. A réplica tamén tivo o nome propio dun pívot. Diagne foi o referente interior dos laranxas.
A partir do terceiro cuarto, o Leyma atopou máis argumentos. Non lle importou condederlle facilidades ao COB no lanzamento exterior. As súas porcentaxes foron baixas. en ataque atopou a inspiración de varios homes. O sueco Lundqvist anotou 10 puntos case segundos para enmarcar. No último cuarto,. relevouno Goran Filipovic. O base internacional croata deixou o encontro decidido, abortando un tímido intento de reacción ourensán.
Os das Burgas atoparán outras citas máis accesibles para asegurar a permanencoa. Os herculinos suman nove vitorias nos últimos dez partidos.