Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña pasa por riba do Lleida e mantén as opcións de play off

O Leyma Coruña pasa por riba do Lleida e mantén as opcións de play off

Triunfo por 88-63 nun dos mellores partidos da temporada e diante do terceiro clasificado

G24.gal 31/03/2022 22:14

O Leyma Coruña mantén opcións de xogar o play off de ascenso logo de conseguir a vitoria número catorce da temporada diante do Lleida, un dos equipos que mellor estaban na Leb Ouro. 

Triunfo moi contundente (88-63) baseado nun gran segundo tempo no que superou en todas as facetas do xogo ao seu rival. O parcial do segundo tempo é contundente: 51-32. 

A primeira metade foi igualada, coas defensas realizando un gran traballo e impedindo que ningún dos dous equipos se marchase no marcador. Ao descanso o resultado era de 37-31 para os coruñeses. 

Todo mudou no terceiro cuarto cando o Leyma se marchou grazas a un parcial de 10-0 (50-37) que resultou determinante. A partires dese intre mantívose sempre por riba dos dez puntos impedindo calquera reacción do Lleida. 

Destacaron Ndow (18 puntos) e Lofberg (16 puntos) no medio dun traballo moi coral no que houbo cinco xogadores que pasaron dos dez puntos. 

Quedan sete xornadas para o final da liga regular e o Leyma está no fío do noveno posto. Terá que xogar catro partidos como visitante (o vindeiro na pista de Melilla). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade