Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña volve á senda do triunfo diante do pechacancelas

O Leyma Coruña volve á senda do triunfo diante do pechacancelas

Gañou por 83-65 marcando as diferenzas co Huesca a partires do descanso

G24.gal 11/03/2022 21:59

O Leyma Coruña volveu á senda do triunfo logo de dúas derrotas consecutivas. Impúxose ao pechacancelas Huesca por 83-65 marcando as diferenzas logo do descanso. 

O primeiro cuarto resultou moi igualado (17-15) e no segundo os coruñeses tampouco abriron unha fenda importante malia ir sempre en vantaxe no marcador (39-33) e ter a gran actuación de Nick Ward que se foi ao vestiario con dezasete puntos. 

A dinámica comezou a mudar no terceiro cuarto cando o equipo galego marchou por riba dos dez puntos (47-36), unha vantaxe que xa non soltaría. Ndow colleu a remuda anotadora e conseguiron ter un +13 no final do terceiro cuarto (62-49). No último Huesca acabou por baixar os brazos e asumir a duodécima derrota consecutiva. 

Outra boa nova foi o regreso logo da lesión de Peciukevicius, que puido xogar 14 minutos e anotou 3 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade