Publicador de contidos
Publicador de contidos

O líder da oposición en Portugal anuncia a súa saída do partido

O líder da oposición en Portugal anuncia a súa saída do partido

A súa marcha non é inmediata, xa que desexa unha transiación suave

Nas pasadas eleccións o Partido Socialdemócrata obtivo uns resultados semellantes aos de 2019

G24.gal 04/02/2022 10:23

O líder do Partido Socialdemócrata e líder da oposición en Portugal, Rui Rio, di que non lle ve sentido á súa continuidade despois dos resultados das pasadas eleccións lexislativas. Rio pediulle ao seu partido que convoque primarias antes de xullo, unhas primarias ás que el non se presentará. 

O seu xeito de deixar o posto está sorprendendo en Portugal porque Rui Rio non abandona xa a dirección do PDS, senón que anunciou a súa marcha suave. Explicou que se sente responsable da formación ata que encontren un substituto. "Non abandono, teño un sentido da responsabilidade", dixo. 

Rio lidera dende hai 4 anos o PSD, que nas eleccións lexislativas do pasado domingo conseguiu 29 % dos votos. Son máis de dez puntos de diferenza cos socialistas, que lograron a maioría absoluta. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade