Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan o museo do Louvre, o palacio de Versalles e unha estación parisina

Evacúan o museo do Louvre, o palacio de Versalles e unha estación parisina

Recibiron ameazas de bomba a través dunha mensaxe anónima colgada nunha web

Francia atópase en alerta máxima de seguridade despois do atentado do venres

G24.gal 14/10/2023 15:06 Última actualización 14/10/2023 21:07

As autoridades evacuaron o museo do Louvre, o palacio de Versalles e a estación parisina de trens Gare de Lyon por temor a un atentado tras recibir ameazas de bomba a través dunha mensaxe anónima colgada nunha páxina web. 

Ocorre un día despois de que un mozo checheno asasinara un profesor de instituto entre proclamas islamitas en Arrás. Dende entón, Francia está en alerta máxima de seguridade.

Milleiros de visitantes tiveron que abandonar este sábado o museo do Louvre, o máis visitado do mundo, e o palacio de Versalles, que recibe sete millóns de persoas ao ano. Ambas as dúas institucións permanecen pechadas.

Segundo informou a presidencia francesa, ata 7.000 militares da operación Sentinelle se despregarán deica este luns por todo o territorio francés en resposta á elevación da alerta terrorista.

Desde 2012 os atentados xihadistas en Francia mataron 272 persoas e feriron 1.200, sobre todo en 2015 e 2016.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade