Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo apaña unha nova derrota nun final de Liga agónico

O Lugo apaña unha nova derrota nun final de Liga agónico

O Granada levou a vitoria con dous goles de Puertas e Bryan nos vinte primeiros minutos

Segue sen chegar esa vitoria no ano 2023 para un equipo descendido e sen recursos

G24.gal 13/05/2023 20:42

O remate de temporada do Lugo está a ser tortuoso e estáse a facer moi, moi longo. Confirmado o descenso, so queda como incentivo intentar acadar a primeira vitoria do ano, xa que a última data de 2022. Pero non está a ser un traballo sinxelo.

En Granada, o equipo albivermello apañou outra dura derrota. Un 2-0 que o equipo nazarí acadou sen aparente esforzo, con dous goles en apenas 4 minutos. O primeiro meteuno Antonio Puertas, e o segundo, un golazo logo dunha fermosa xogada persoal, Bryan Zaragoza.

Non houbo moita máis historia. Ao Granada abondoulle o 2-0 para acceder ao liderado, polo menos de xeito momentáneo. O Lugo aínda ten dúas xornadas máis para intentar acadar ese primeiro triunfo do ano antes de que remate a Liga e comece a preparar o novo proxecto na 1ª RFEF.

Tras o partido, Íñigo Vélez explicaba así o acontecido: "Agardabamos ese inicio, sabiamos que virían por nós desde o primeiro minuto, e antes do 20 xa fixeran dous goles. Iso deixounos o partido moi complicado. Intentamos competir, tivemos ocasións, pero non puido ser. Non hai máis".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade