Cargando resultados...
Fai 10 anos do histórico ascenso do Lugo a Segunda División
Ascendeu no Ramón de Carranza, en Cádiz, e na quenda de penaltis
G24.gal
24/06/2022 15:54
Última actualización 24/06/2022 16:14
Pasaron dez anos dun momento inesquecible para a afección do Lugo. O ascenso no Ramón de Carranza, en Cádiz, e na quenda de penaltis. No recordo está o lanzamento de Manu e a explosión de xúbilo da familia lucense. Tal día coma hoxe, nun San Xoán. Foi o 24 de xuño de 2012. O día que o fútbol cambiou a situación do C. D. Lugo. Un cambio que na próxima campaña chegará ao undécimo capítulo converténdose na entidade con máis anos de maneira consecutiva en segunda división.