O Lugo asina o lateral brasileiro Zé Ricardo e renova a Manu Barreiro
O Lugo asina o lateral brasileiro Zé Ricardo e renova a Manu Barreiro
Xogaba no Feirense portugués e antes estivo nas categorías inferiores do Raio Vallecano
O oco deixado por Roberto Canella xa está cuberto no Lugo coa chegada do lateral esquerdo brasileiro Zé Ricardo (4-9-98).
Zé Ricardo chega procedente do Feirense, da Segunda División de Portugal. Con anterioridade, militara no Raio Vallecano, onde estivo na etapa xuvenil e chegou a debutar co filial. Desde 2017 xoga no fútbol portugués; pasou polo Desportivo Aves e o Mirandela, e desde o 2019 está no Feirense.
🔴|OFICIAL|🔴
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) July 7, 2022
👉 Zé Ricardo @JR_jose12, novo xogador do #CDLugo!
▶️ https://t.co/OnET4Ovh6Y#BenvidoZéRicardo#ForzaLugo pic.twitter.com/U9fvmTPJBx
A outra nova do día é a renovación de Manu Barreiro. O dianteiro santiagués xa chegara a un acordo hai días pero oficializouse a operación nas últimas horas. Barreiro leva catro temporadas no Lugo nas que marcou 28 goles.