Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo cae co Atlético na Copa (1-3), pero coa cabeza moi alta

O Lugo cae co Atlético na Copa (1-3), pero coa cabeza moi alta

Os de Paulo Alves reaccionaron ao gol de Correa, e mesmo se puideron adiantar

Memphis acabou resolvendo con dous goles no treito final

Foto: EFE
G24.gal 06/01/2024 19:56

Unha eliminación coa cabeza alta. Así foi o desenlace do desigual enfrontamento entre o Lugo e mailo Atleti. A intensidade e o bo criterio no xogo co balón dos lucenses fixo que esas teóricas diferenzas se minimizasen durante moitos minutos.

Tivo mérito, xa que o golpe recibido nada máis comezar foi importante. Marcaba o Atlético aos dous minutos. Marcaba Correa aproveitando o pase de Javi Gálan. O excéltico recibiu a felicitación de Simeone nada máis finalizar o partido.

Paulo Alves apostou por Leandro Antonetti na punta e o portorriqueño demostrou que é o home da Copa deste Lugo. Trouxo tola a defensa do Atleti durante moitos minutos. Case marca cun remate que sacou Giménez

Foi o aviso dun Lugo que merecía o empate, unha igualada que chou nun balón que está a piques de perder Tabuaço e do seu envío saca petróleo Antonetti, que supera a defensa do Atlético e marca o 1-1. Marcáralle ao Antoniano, despois ao Mirandés e por último ao Atlético. Esixencia crecente e rendemento óptimo dun xogador que medra semana a semana.

No descanso, un preocupado Simeone deu entrada a Griezmann, De Paul e Koke. Os trocos foron decisivos pero máis adiante. A entrada do segundo tempo do Lugo foi óptima. Durante un cuarto de hora, minimizou a un Atlético que tivo sorte no que puido ser a xogada decisiva. O remate de Castrín, golpeou contra o traveseiro e despois desviouno un Giménez outra vez decisivo.

Do que puido ser o 2-1 pasouse a uns minutos en que os centrocampistas do Atlético comezaron a facerse notar. Chegaron posesións longas e aí os dous goles de Memohis. No 66 recolleu un pase de Koke e marcou cun disparo que nin porteiro nin defensa puideron desviar.

O neerlandés non estaba a brillar pero foise do Anxo carro como o grande triunfador da tarde. No 74 puxo a sentenza nunha xogada de libro do Atlético. O que asiste é Marcos Llorente, outro dos substitutos, e define Memphis de xeito inapelable. Os colchoeiros tiveron que tirar dos seus mellores xogadores para asegurar a súe presenza nos oitavos. Incluso houbo minutos para Morata, que estivo a piques de facer un golazo.

O Lugo despídese dunha das mellores edicións da Copa da súa historia. Pecha a andaina cunha suculenta taquilla e coa sensación de que puido atopar o camiño a seguir para a liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade