O Lugo empata co Zaragoza e xa é o pechacancelas
O Lugo empata co Zaragoza e xa é o pechacancelas
Nun partido con poucas ocasións, a última foi para Alberto Rodríguez
O medo a perder limitou as ambicións do Lugo e do Zaragoza que explicaron no Anxo Carro a súa delicada situación.
Os aragoneses, que só gañaron un dos sete últimos partidos nos que únicamente marcaron dous goles, dispuxeron da súa mellor oportunidade antes de cumprirse o primeiro minuto de partido nunha falta lanzada por Bebé que se estrelou no traveseiro.
O Lugo, pola súa parte, sumou o seu segundo punto en nove partidos nos que só marcou dous goles. As cifras foron un indicativo do que se estaba a ver.
Os de Carrillo só remataron dúas veces no prrimeiro tempo. Avilés logo dunha acción individual os quince minutos... e Sebas Moyano pouco despois de cumprirse a media hora de xogo.
Neste primeiro tempo, os aragoneses iaron toda a súa ofensiva os lanzamentos de falta de Bebé, o seu máximo goleador en 2023.
Na segunda saiu máis decidido o Zaragoza. Simeone, os cincuenta e sete minutos estraga unha clarísima oportunidade nunha inmellorable posición.
E catro minutos máis tarde, Carlos Nieto conta con outra clara ocasión para adiantar o seu equipo.
A entrada de Cuéllar por Avilés deulle outro aire o ataque do Lugo. De feito, o boliviano realizou os dous únicos remates lucenses entre os tres paus.
Mentres, o Zaragoza estragou unha boa oportunidade de marcar nun roubo con centro de Larrazábal o que non chega Gueye.
Os últimos minutos foron de acoso lucense, pero máis co corazon que coa cabeza. Aínda que precisamente, un remate de Alberto Rodríguez estivo a piques de darlle na vitoria no tempo engadido. O empate leva o Lugo a última praza da clasificación.