Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo esperta demasiado tarde en Zubieta (1-0)

O Lugo esperta demasiado tarde en Zubieta (1-0)

Asier Goti marcou o tanto da vitoria e rachou a serie do cadro lugués sen recibir goles

O colexiado anuloulle un gol a Jon Cabo a quince minutos do final

G24.gal 22/09/2024 19:19

O Lugo entrou no partido demasiado tarde e acabou perdendo diante do filial da Real Sociedade (1-0). Estivo setenta minutos a velas vir e cando arriscou cos trocos -sobre todo coa entrada de Jorge González- foi quen de xerar moito perigo. 

Asier Goti marcou o único gol do partido mediado o primeiro tempo cun lanzamento desde a frontal. Houbo poucas novas dos dous conxuntos en ataque. Cando o Lugo se botou arriba dun xeito descarado o partido entrou nun ida e volta do que puido saír calquera resultado. 

No 75 chegou a xogada polémica do partido nun gol de Jon Cabo anulado por unhas mans anteriores de Raúl Hernández. O equipo de Lolo Escobar tivo boas opcións e tamén á contra a Real puido sentenciar pero o resultado non se moveu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade