Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo rabuña un punto no campo dun dos favoritos (0-0)

O Lugo rabuña un punto no campo dun dos favoritos (0-0)

Gran actuación de Whalley que lle amargou a tarde a Villalibre

Bo resultado na estrea como técnico de Íñigo Vélez

G24.gal 11/03/2023 20:29

Era un exame de altura o que tiña na súa estrea Íñigo Vélez. O resultado non puido ser mellor porque rabuñar un punto en Mendizorrotza non está á altura de calquera equipo. O Lugo conseguiu manter a súa porta a cero (primeiro obxectivo acadado) e por aí quere cimentar a súa reacción. 

O primeiro tempo converteuse nun duelo entre Villalibre e Whalley. O exdianteiro do Athlétic tentouno de todos os xeitos pero atopouse cunha actuación brillante do porteiro zaragozano do Lugo. 

Con moita orde e sacrificio defensivo os galegos foron pasando os minutos e incluso achegándose con certo perigo cun aviso Sebas Moyano no 71. Era un acoso total do Alavés pero cun Lugo resolvendo todos os atrancos na súa liña defensiva. E no 86 Carbó mesmo puido marcar o gol da vitoria para os lucenses. 

Un punto parece insuficiente vista a situación clasificatoria do Lugo pero pode ser un bo lugar de partida para iniciar a remonta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade