Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo volve perder en Oviedo e queda ao bordo do descenso matemático

O Lugo volve perder en Oviedo e queda ao bordo do descenso matemático

O equipo de Íñigo Vélez segue sen gañar, e acabou con 10 por expulsión de Gui Guedes

G24.gal 15/04/2023 20:58

O que mal empeza, mal acaba. Esa é a lectura do que lle sucede o Lugo no Carlos Tartiere, onde recibiu un gol aos cinco minutos logo dunha mostra de pasividade por parte do sistema defensivo lucense permitindo unha segunda xogada os asturianos culminada cun centro de Lucas Ahijado a cabezada de Sergi Enrich.

Reaccionou o Lugo. Primeiro cunha gran manobra individual de Javi Avilés rematada por Andoni López. No córner posterior, Alberto Rodríguez envía fóra.

Chegaba con máis claridade e maior contundencia o Oviedo. Enrich volveu poñer en perigo a Whalley que respondeu con acerto.

A media hora de xogo, Señé loita co seu excompañeiro David Costas por unha pelota que lle acaba pegando na man. O colexiado, logo de consultar co VAR, sinala penalti que Xavi Torres transforma no un a un.

O Oviedo dispuxo dunha última oportunidade antes de marchar ao descanso nun remate do exlucense Hugo Rama rexeitada de novo por Whalley.

Saíu mellor o Lugo da caseta. Con todo, sería o Oviedo o que volvería poñerse en vantaxe noutro ataque no que Manu Vallejo dispón de dúas oportunidades para resolver.

Na primeira, o balón sáelle desviado, pero Lucas Ahijado ten máis fe que toda a defensa do Lugo e volve colocar a pelota para que o propio Manu Vallejo, que levaba dous minutos no campo, marque o dous a un.

O encontro remataría para os de Íñigo Vélez coa expulsión do recentemente incorporado Gui Guedes por esta dura entrada.

Nin a saída de Manu Barreiro mudou a faciana dun Lugo que deixa o Lugo máis preto da Primeira Federación logo de sumar o seu décimo quinto partido sen gañar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos