Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boiro-Mallorca e Arousa-Granada, na primeira eliminatoria da Copa do Rei

Boiro-Mallorca e Arousa-Granada, na primeira eliminatoria da Copa do Rei

O Celta xogará ante o Turégano de Segovia

O Racing de Ferrol viaxará a Marbella

Os partidos celebraranse os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro de 2023

G24.gal 17/10/2023 13:27 Última actualización 17/10/2023 14:10

O Boiro e o Arousa terán rivais de primeira división. Serán o Mallorca e o Granada respectivamente.

Pola súa banda, o Celta terá como rival o Turégano segoviano mentres que o Racing de Ferrol viaxará a Marbella.

Tamén hai rivais dos equipos de primeira federación: Avilés-Arenteiro, Covadonga-Deportivo e Antoniano-Lugo.

O Compostela, único representante galego de segunda federación, recibirá ao Tenerife no Vero Boquete.

Os partidos celebraranse os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade