Cargando resultados...
O mapa de risco de incendios forestais será accesible para todos os cidadáns
O mapa de risco de incendios forestais será accesible para todos os cidadáns
As previsións estarán especificadas por concellos e serán de tres días
G24.gal
12/07/2024 14:41
Os galegos e galegas poderán ver cunha previsión de tres días o risco de incendios que hai en cada concello. Son as novidades que achega o coñecido como Índice de Risco Diario de Incendios Forestais. Trátase dunha ferramenta froito da colaboración da consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a consellería do Medio Rural e Meteogalicia.
Analizan as condicións de seca, humidade e temperatura, ademais da velocidade do vento para crear un mapa de risco con cinco niveis diferenciados por cores. O obxectivo é a prevención de incendios e a defensa do monte.