Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mar de ardora ilumina as praias da Costa da Morte

O mar de ardora ilumina as praias da Costa da Morte

Esta luminiscencia está provocada por uns microorganismos que proliferan sobre todo no verán

G24.gal 07/08/2024 14:20

O mar de ardora estase a converter nun atractivo turístico máis da Costa da Morte. Cada ano son máis os turistas, tanto nacionais coma estranxeiros, que veñen a estas praias para contemplar este fenómeno natural.

Toño González, da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte, sinala que son moitos os turistas que se achegan ata esta zona para intentar ver este fenómeno, sobre todo madrileños e galegos que veñen exclusivamente a ver a ardentía.

Esta luminiscencia está provocada por uns microorganismos que proliferan sobre todo no verán, pero deben saber que a ardentía é impredicible. Francisco Rodríguez, do Instituto de Oceanografía de Vigo, di que para ver este espectáculo natural hai que ter algo de sorte e moita paciencia. Franscisco recomenda ir pola noite, cando o mar está tranquilo e situarse en zonas onde haxa pouca contaminación lumínica.

Malia tratarse dun fenómeno natural, hai turistas despistados que seguen preguntando a que hora acenden o mar, tal e como contou Lúa Trillo na oficina de turismo de Carnota.

Se queren ver arder o mar, como dicían os mariñeiros, os mellores lugares para facelo estes días son as praias de Cee, de Fisterra e de Carnota. E se non teñen a sorte de ver a ardentía, sempre poden contemplar as estrelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade