O mar de ardora prodúcese por unha microalga que orixina a bioluminiscencia
O mar de ardora prodúcese por unha microalga que orixina a bioluminiscencia
O verán é unha época adecuada para que proliferen eses microorganismos
A fosforescencia no mar déixanos imaxes nocturnas espectaculares
O mar de ardora é un fenómeno natural provocado por un microorganismo que ilumina o mar e que se pode observar nalgúns areais galegos durante días.
"Prodúcese porque durante o verán medran no fitoplancton unhas microalgas, un grupo que son os dinoflaxelados, e neste grupo hai varias especies que producen bioluminiscencia, son responsables da meirande parte desta luz que podemos ver na superficie do mar, tanto no océano aberto como na costa. O verán é unha época moi adecuada para eles, hai maior temperatura, medran máis estes organismos, hai máis estabilidade na superficie da auga e as células tenden a permanecer máis tempo", di Francisco Rodríguez Hernández, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo.
Este é un fenómeno impredicible. Hai unhas 70 especies que producen esa fosforescencia no mar, en Galicia temos unhas cantas...
"A mostra que collín onte por exemplo, porque quería confirmar que especie era... é un dinoflaxelado que non é a que sae normalmente nas noticias, a Noctiluca, neste caso é unha especie que se chama Alexandrium Tamarense que produce moita luz e non é tóxica", engade.
Esa luminescencia déixanos imaxes nocturnas espectaculares. Todo un atractivo natural nas nosas costas do que gozar en plena escuridade.