O MARCO de Vigo, unha referencia artística da cidade 20 anos despois
O MARCO de Vigo, unha referencia artística da cidade 20 anos despois
O MARCO celebra o seu 20 aniversario con unha serie de actividades para todos os públicos
A exposición Processi 148 pódese ver desde esta tarde e lévanos a Italia coa Academia de España en Roma
O MARCO é un proxecto artístico consolidado na cidade de Vigo e en Galicia, referencia para os nosos artistas, que sabe conxugar os diversos discursos artísticos galegos e poñelos en convivencia coas correntes artísticas internacionais. Fixándose nas novas voces e acompañando as consolidadas. Iso non se consegue da noite para a mañá, nin moito menos, senón con anos de traballo e dedicación. No caso do MARCO, 20 anos.
As exposicións que se poden ver agora mesmo no museo son ben representativas da visión do propio centro: Future Stories (dez artistas da Facultade de Belas Artes que se acaban de graduar ) e O Antropomórfico (unha revisión da obra de Francisco Leiro). Ese apoio ás novas xeracións, que conviven con artistas consagrados.
Como parte das celebracións, esta mesma tarde inaugúrase a exposición Processi 148, protagonizada por 21 artistas e investigadores en residencia na Real Academia de España en Roma no curso 2020-2021. Unha imprescindible convocatoria anual para artistas españois de todas as disciplinas na que deixarse inspirar pola capital italiana, que se vén facendo desde 1873.
Miguel Fernández Cid, director do MARCO, e Enrique Bordes, comisario de Processi 148, falaron no Diario cultural da Radio Galega.