O marisco comeza a subir os seus prezos a unha semana da Noiteboa
O marisco comeza a subir os seus prezos a unha semana da Noiteboa
Algúns dos produtos máis demandados son o polbo da ría ou o boi de mar
Nas prazas de abastos xa traballan a pleno rendemento na que é a última fin de semana previa ás festas do Nadal. Por iso, moita xente apura as súas compras, pensando na previsible suba de prezos, sobre todo do marisco, un dos produtos estrela das ceas do Nadal.
No mercado de Teis, en Vigo, a centola femia de máis dun quilo está a 65 euros, un prezo case similar ao das nécoras. Pero tamén hai outros produtos do mar moito máis accesibles que se están poñendo de moda durante este Nadal, como o polbo da ría, que este ano é abundante e de moi boa calidade.
Hai un produto que case nunca falla nas mesas do Nadal.
"Uns entrantes, un pouco de marisco e carne, coma sempre".
"Un pouco de marisco e cordeiro".
Este ano, a centola volve ser a raíña. A unha semana da Noiteboa o seu prezo para unha femia de máis dun quilo rolda os 65 euros.
Non falta o polbo en ningún posto deste mercado de abastos. O seu prezo, dependendo do tamaño, rolda os 14 ou 18 euros. O boi, moito máis accesible, é unha alternativa que se vende moi ben fronte aos camaróns, que chegan aos 95 euros o quilo.
Nas carnicerías tamén traballan a bo ritmo cuns prezos similares aos do ano pasado. O produto estrela, o cordeiro. Aseguran que as vendas dispararanse ao longo desta semana. E tamén os prezos, subirán en determinados produtos típicos desta época.