Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mecalia Guardés leva o derbi ante o Porriño e xa mira cara á cuarta praza (29-23)

O Mecalia Guardés leva o derbi ante o Porriño e xa mira cara á cuarta praza (29-23)

As locais remontaron a desvantaxe inicial e mantivéronse por diante na segunda metade

O Porriño segue cuarto, pero ve ameazado o seu posto

G24.gal 16/03/2024 20:23

Haberá emoción ata a última xornada na División de Honor feminina, xa que o derbi galego da penúltima gañouno o Mecalia Guardés, quedando a un punto da cuarta praza que ten o Conservas Orbe Rubensa Porriño. 

Ambiente de gala na Sangriña, e partido igualado ata os últimos minutos. Cifuentes puxo o 22-21 no 43 e, a partir de aí, o Guardés foi abrindo oco ata o 29 a 23 final, cos seis goles de Cecilia Cacheda encabezando unha anotación máis repartida.

Polo Porriño non abondaron os doce goles de Paulina Buforn, que leva o peso do seu equipo. Todo queda para o último suspiro. E os equipos miran xa para o desenlace da campaña, onde todos soñan co mesmo, o título.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar