Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mecalia quere traer o primeiro título europeo para o balonmán galego

O Mecalia quere traer o primeiro título europeo para o balonmán galego

O equipo chegou este venres á cidade de Antalya onde o domingo (19:00, G2 e G24) xogará a volta da final da EHF European Cup

Defenderá os seis goles de vantaxe acadados na ida

G24.gal 05/05/2023 21:18

Marisol Carratú é unha das dúas únicas xogadoras daquel histórico Guardés campión de liga que aínda continúan no equipo. Ademáis Carratú anunciou que marcha do club porque a vindeira temporada xogará no Elxe. Sen dúbida, gañar a EHF European Cup será unha despedida soñada.

Unha vila pequeniña que pode volver ser grande este domingo. O Guardés está a un partido de gañar un título europeo. As guardesas levan unha renda de 6 goles do partido de ida e non temen o ambiente hostil de Turquía.

A Copa Europea, un título ao alcance da man que culminaría un fito histórico para o balonmán galego. Nunca un equipo da terra xogara unha final continental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar