O Mellor Artesán de Vangarda de España 2023 está en Pazos de Borbén
O Mellor Artesán de Vangarda de España 2023 está en Pazos de Borbén
Deseña bolsos de moda para Loewe desde hai 5 anos
As súas creacións chegan a custar 6.500 euros
O Mellor Artesán de Vangarda de España está en Pazos de Borbén.
Álvaro M. Leiro recibiu en Madrid o premio do Círculo Fortuny que honra os mestres que salvan un oficio tradicional do esquecemento e conservan a fachenda dos traballos ben feitos. E por riba, logran elevar ese traballo ao olimpo do luxo. No seu caso, o xurado foi unánime.
"Estou facendo cousas de vangarda partindo dunhas raíces e unha das cousas que tamén valoran é ese enraizamento cunha zona. E eu que me dedico a investigar e recuperar pezas en Galicia e trasladalas ao contemporáneo é unha das cousas que pesan".
Pesou no xurado, desde logo, o reto que Leiro asumiu nos últimos 5 anos. A firma Loewe descubriu este autodidacta da cesteiría na Feira dos Pendellos da Golada en 2018, mergullado na recuperación das corozas e desde aquela deseña para eles bolsos con técnicas de cesteiría de creación propia, inspiradas nas da tradición galega.