Cargando resultados...
O mellor rock de Guns N' Roses atronou Vigo
O mellor rock de Guns N' Roses atronou Vigo
Un dos momentos máis intensos foi cando arrancou o mítico punteo de guitarra da famosísima Sweet Child O´Mine
G24.gal
13/06/2023 08:38
Máis de 26.000 persoas encheron Balaídos para ver os Guns N' Roses, que subiron ao escenario con enerxía adolescente e oficio de xigantes.
A banda californiana liderada por Axl Rose repasou os seus temas novos, pero, claro, os grandes éxitos foron os que fixeron vibrar o público, ávido de nostalxia de finais dos oitenta e dos noventa.
De feito, un dos momentos máis intensos foi cando arrancou o mítico punteo de guitarra da famosísima Sweet Child O´Mine.