Cargando resultados...
O mércores bota a andar a nova campaña do Bono Cultura da Xunta
O mércores bota a andar a nova campaña do Bono Cultura da Xunta
Porá en circulación 20.000 vales con descontos do 50 % en produtos e servizos culturais
Os establecementos adheridos teñen esta distinción
G24.gal
30/10/2022 22:43
Última actualización 30/10/2022 22:52
O próximo mércores abre o prazo para descargar o Bono Cultura da Xunta, que porá en circulación 20.000 vales con descontos do 50 % en produtos e servizos culturais.
Cada bono ten un valor de 50 euros que o usuario poderá gastar en calquera dos establecementos adheridos ao programa, agora preto de 400 en toda Galicia.
Esta nova edición amplía os seus obxectivos tratando, por unha banda, de incentivar o consumo cultural e, por outra, de fortalecer o sector e reducir así o impacto do contexto económico actual, marcado pola suba de prezos.
A descarga estará activa a través da web bonocultura.gal.