Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mexicano Emilio Rodríguez, a un paso de fichar polo Celta

O mexicano Emilio Rodríguez, a un paso de fichar polo Celta

Procede do Pachuca, e o Celta pagará dous millóns e medio de euros polo cincuenta por cento dos dereitos

Pachuca
G24.gal 09/07/2024 12:46 Última actualización 09/07/2024 12:50

O Celta está a un paso de concretar a súa primeira fichaxe da tempada 24/25. Tras centrarse na operación saída durante as primeiras semanas do mercado, coa marcha de xogadores como José Fontán, Miguel Rodríguez, Renato Tapia e Strand Larsen, que deixaron 30 millóns de euros nas arcas do club, os directivos da Sede ultiman un acordo co Pachuca para traer a Emilio Rodríguez, un prometedor volante de 21 anos.

A oficialización da fichaxe podería chegar nas próximas horas ou días. Emilio Rodríguez, aínda que descoñecido para moitos afeccionados, enmárcase na política do Celta de apostar por novos talentos.

Capaz de xogar como carriliero en ambas as bandas, Rodríguez aseméllase en estilo de xogo a Hugo Álvarez, unha das grandes promesas da canteira celeste. Na última tempada, disputou máis de 40 partidos co Pachuca, anotou catro goles e repartiu igual número de asistencias. O seu destacado rendemento valeulle o recoñecemento como xogador revelación da Champions da CONCACAF.

En México din que o Celta pagará dous millóns e medio de euros polo cincuenta por cento dos dereitos.

O presesidente do Pachuca recoñeceu as negociacións cun equipo de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar