O millo gaña espazo entre os alimentos de consumo humano
O millo gaña espazo entre os alimentos de consumo humano
Un proxecto desenvolvido entre varias asociacións e os centros de investigación do CSIC e do CIAM busca aumentar a produción de millo galego
O millo é un cereal rico en fibra e baixo en graxas, coa vantaxe de que non ten glute
O millo negro volve ás leiras galegas. Esta variedade autóctona, que deixou de cultivarse coa chegada do millo híbrido, estase a recuperar polo seu alto valor nutricional e a súa adaptación aos terreos menos produtivos.
"Ten unha cantidade de antioxidantes que o fan interesante como alimento funcional que sirve para a prevención de enfermidades dexenerativas", explica Pedro Revilla, investigador da liña de mellora do millo da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC.
O millo negro ou corvo é unha das variedades autóctonas que se investiga para conseguir sementes máis resistentes e de calidade. "Sacar a semente certificada ao mercado para garantir a rastrexabilidade", di Fernando Almeida, director técnico de Sementares
O obxectivo é aumentar a produción de millo galego tanto para consumo humano coma animal. "Temos un déficit de case tres millóns de toneladas que importamos todos os anos", asegura Jacobo Feijóo, enxeñeiro da Asociación de desenvolvemento rural Ódega
O millo é un cereal rico en fibra e baixo en graxas, coa vantaxe de que non ten glute. Aquí o tradicional é consumilo en fariña para facer o pan
E Pontevedra é a provincia que ten máis tradición na elaboración deste pan e das súas famosas empanadas. "O pan de millo antes era o que había hoxe é un luxo, nutricionalmente é unha bomba, unha das súas vantaxes e que non ten glute", di Daniel Pampín, que ten unha panadería no centro de Pontevedra.
España consume 37 millóns de toneladas de trigo cebada e millo, a maioría desta cantidade segue a ser para alimentación animal.