Publicador de contidos
Publicador de contidos

Utilizan maquinaria adaptada para salvar a colleita de millo na Terra Chá

Utilizan maquinaria adaptada para salvar a colleita de millo na Terra Chá

Utilizan colleitadoras provistas de eiruga e tractores xeminados

Os temporais enchouparon as leiras e a recollida complicouse

Andrés Pavón/José Lamas 28/10/2024 20:29

Boa parte da colleita de millo na Terra Chá podería quedar sen recoller. As leiras, coma estas do Matodoso, en Castro de Rei, están enchoupadas, e a maquinaria convencional non pode traballar nelas. Por iso, houbo que recorrer a máquinas equipadas con eirugas e tractores xeminados para salvar o que se poida. 

"Buscamos unha solución porque hai moitos gandeiros que aínda non recolleron, e a perda é moi grande.", explica Luís Campos, de Agrícola Eustaquio.

Estas máquinas poden salvar a colleita, pero son lentas. Por exemplo, esta leira de tres hectáreas, que, en condicións normais, está recollida en dúas horas e media, desta volta vai precisar oito horas de traballo. Ademais, van contra o reloxo porque o millo xa madurou de máis.

"A colleita prometía moito. Pero non conseguimos sacala porque a terra está moi mollada dende hai semanas.", sinala Antonio Balado, produtor de millo.

A chuvia da primavera adiou a sementeira e os temporais a recollida. Por iso, quedan milleiros de hectáreas de millo sen recoller na Terra Chá, cando a estas alturas xa deberan estar coa herba sementada. E é que xa se sabe que "ano bisesto, promete e non dá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade