Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ministerio de Transportes derrubará un terceiro viaduto na A-6

O Ministerio de Transportes derrubará un terceiro viaduto na A-6

 Trátase dunha infraestrutura de máis de trescentos metros

O ministerio di que non haberá atraso e mantén o compromiso para finais deste ano

Transportistas e empresarios recibiron con certo desacougo o anuncio

G24.gal 22/02/2023 15:06 Última actualización 22/02/2023 19:39

Os traballos para reconstruír o viaduto do Castro, na A-6, complícanse.

O Ministerio de Tranportes anuncia que se vai derrubar un terceiro tramo que non estaba previsto no proxecto inicial das obras.

O Goberno asume que pode atrasos na reapertura da autovía, pero mantén a idea de abrir este ano un dos viadutos en dobre sentido para evitar o tráfico polo centro de Pedrafita.

O novo treito do viaduto do Castro que se vai derrubar é un tramo duns 320 metros, en dirección Madrid, que inicialmente non estaba previsto desmontar. Tras revisar a estrutura, os técnicos recomendaron facelo de novo. 

 "O importante agora mesmo é a seguridade, é o que priorizamos sempre en toda a reconstrución da A-6 e poñer á disposición dos cidadáns toda a autovía pero con seguridade", di José Miñones, delegado do Goberno en Galicia.

A demolición farase de maneira controlada, igual que nos outros dous treitos sobre os que xa se está traballando. O Goberno terá que definir os novos prazos de execución das obras para poñer en servizo de novo a autovía. Aínda que mantén o obxectivo que abrir un dos viadutos este ano.

 "Mantemos os prazos, a reconstrución do viaduto dirección Madrid que queremos facer de dobre dirección para que non se teña que estar pasando polo centro de Pedradita seguímola mantendo. No que corresponde ao resto irémolo decidindo a medida que avancen as obras", engade Miñones.

O Goberno aprobou que as obras da autovía en sentido Madrid se fagan pola vía de urxencia. Pero non así as previstas en sentido Galicia, que terán un prazo máis longo de execución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade