O ministro de Economía cre que os mercados mandan sinais de "certa calma" tras o ataque de Irán a Israel

As principais bolsas europeas mantéñense en positivo, e o prezo do petróleo baixou lixeiramente tras varios días de suba
O ataque de Irán a Israel pode ter unha derivada económica mundial. Dende España, o ministro de Economía non ve sinais de perigo nos mercados. As principais bolsas europeas mantéñense en positivo, e o prezo do petróleo baixou lixeiramente tras varios días de suba.
Carlos Cuerpo cre que os mercados anticiparon a escalada de violencia: "Vimos a finais da semana pasada un incremento dos prezos do petróleo, de feito reaccionaron lixeiramente á baixa esta mesma mañá. Isto é sinal dunha certa calma ante a reacción dos principais líderes internacionais sinalando a súa vontade de evitar calquera escalada do conflito".