Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro de Exteriores asegura que España segue sen recoñecer a Kosovo como país

O ministro de Exteriores asegura que España segue sen recoñecer a Kosovo como país

Albares dixo que o Goberno "non recoñece declaracións unilaterais de independencia"

G24.gal 08/01/2024 16:08

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, asegurou que España segue sen recoñecer a Kosovo como país.

"A posición de España non variou. España segue sen recoñecer a Kósovo e a súa soberanía", comentou o ministro, xustificándoo en que o Goberno "non recoñece declaracións unilaterais de independencia".

Iso si, os países do espazo Schengen, incluída España, recoñecen desde o 1 de xaneiro o pasaporte de Kosovo.

Albares comentou que "España non vai ser xamais un obstáculo para o diálogo entre Belgrado e Pristina, e tampouco vai ser nunca un obstáculo, neste caso, no diálogo entre Pristina e a Unión Europea".

O ministro fixo estes comentarios en Cidade Real no acto de entrega ao Goberno de Ucraína de dúas ambulancias blindadas medicalizadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade