Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ministro de Exteriores di que os argumentos para facer oficial o galego en Europa son "sólidos e lexítimos"

O ministro de Exteriores di que os argumentos para facer oficial o galego en Europa son "sólidos e lexítimos"

 José Manuel Albares pediulle ao Partido Popular que apoie a reivindicación do Goberno para o uso do galego, catalán e éuscaro na UE

O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, á dereita da imaxe no acto conmemorativo do Día Europeo das Vítimas de Terrorismo O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, á dereita da imaxe no acto conmemorativo do Día Europeo das Vítimas de Terrorismo
G24.gal 18/03/2024 17:03

O ministro español de Exteriores, José Manuel Albares, afirmou este luns que os argumentos de España para que o catalán, o galego e o éuscaro se convertan en idiomas oficiais da Unión Europea son "sólidos e lexítimos" e pediu ao Partido Popular que apoie a reivindicación do Goberno no club comunitario.

Para defender a solicitude española, o Executivo preparou un memorando cos seus argumentos para pedir a oficialidade dos idiomas rexionais, que xa foi distribuído a todos os Estados membros.

Albares dixo que España "non vai abandonar" a reivindicación de converter en oficiais na UE o éuscaro, o catalán e o galego, porque se trata da "identidade nacional" do país e porque a UE "debe protexer tanto a identidade nacional de todos os Estados como o multilingüismo".

"Hai unha realidade constitucional en España moi particular dentro do que é o réxime multilingüístico de moitos países en Europa, que Europa non pode descoñecer", manifestou.

Tamén pediu ao PP que apoie a solicitude do Goberno de converter en oficiais as tres linguas rexionais.

"Se o Partido Popular quixese, mañá mesmo, na mesa do Parlamento Europeo, poderiamos converter en lingua de traballo o catalán, o éuscaro e o galego. E se nos axudase a seguir explicando mellor aos países da súa familia política representados no Consello poderiamos conseguir tamén esa oficialidade", comunicou.

En calquera caso, sinalou que "aos poucos todos os países van comprendendo e entendendo" as razóns de España, que, segundo insistiu, "son de peso, son sólidas e responden á nosa propia identidade".

Apuntou o ministro que xa dirixiu dúas cartas á presidenta da Eurocámara, Roberta Metsola, sobre a cuestión e que o trata con ela cada ve que ambos os políticos reúnense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade