O ministro de Transportes quere eliminar os abonos gratuítos nos trens
O ministro de Transportes quere eliminar os abonos gratuítos nos trens
Di que foi unha medida puntual para aliviar a crise pola inflación
Defende outros descontos máis progresivos, como bonos sociais ou para viaxeiros frecuentes
O ministro de Transportes avoga por rematar cos abonos gratuítos para os trens de curta e media distancia. A medida finaliza o 31 de decembro, se non hai renovación.
Nunha entrevista na Cadena Ser, Óscar Puente defendeu novas fórmulas para compensar os prezos, como bonos sociais ou compensacións para os viaxeiros recorrentes. E aí apuntou a unha fórmula de pagamento a mes vencido. O usuario pagaría menos cantos máis viaxes fixese.
O titular de Transportes explicou que a política de gratuidade do transporte público foi conxuntural, debido á inflación en España, e tiña como obxectivo "aliviar a economía familiar".
"A aposta polo transporte público debe ser, sobre todo, na calidade, no confort, na puntualidade. Aí é onde hai que facer o esforzo", asegurou.
Con todo matizou que a última palabra non depende del senón que será unha decisión do goberno en función de moitas variables, como a negociación presupostaria.