Cargando resultados...
O ministro do Interior fai un chamamento á tranquilidade ante o risco de ameaza terrorista no Nadal
O ministro do Interior fai un chamamento á tranquilidade ante o risco de ameaza terrorista no Nadal
Marlaska insiste en que se están tomando as medidas necesarias
G24.gal
11/12/2023 14:22
O Ministerio do Interior recoñece que no Nadal aumenta o risco de ameaza terrorista, pero insiste en que se están tomando as medidas necesarias, polo que fai un chamamento á tranquilidade.
Marlaska insiste en que hai unha boa coordinación entre os países europeos para garantir a seguridade: "O risco cero non existe, pero o risco é enfrontado polas forzas de seguridade cos medios necesarios, importantes, que xeran un sentimento de seguridade e quero trasladalo á sociedade".