O Mornar montenegrino, primeira pedra no camiño do 'euroObradoiro'
O Mornar montenegrino, primeira pedra no camiño do 'euroObradoiro'
Moncho Fernández: "Imos con toda a ilusión do mundo, esa é a palabra"
O Mornar Barsko de Montenegro será este martes o primeiro obstáculo que terá que superar o Obradoiro para alimentar o seu soño de disputar, por primeira vez na súa historia, a fase de grupos da Basketball Champions League (BCL).
A estrea europea do Obradoiro será no Antalya Sports Area (20.30 horas). O equipo de Moncho Fernández parte co papel de favorito ante o novo equipo montenegrino, sobre todo polas boas sensacións que ofreceu no seu debut ligueiro ante o Palencia.
"Imos con toda a ilusión do mundo, esa é a palabra. Ilusionados por competir e deixar ben alto o pavillón"
"É un fito para o club"
Ambos os equipos reestruturaron os seus respectivos cadros de xogadores. O bloque que dirixe Mihailo Pavicevic ten no seu capitán, Nemanja Vranjes, e no interior francés, Alexandre Gravrilovic, as súas principais ameazas ofensivas, sen esquecerse do estadounidense Jacobi Boykins, outra das súas caras novas.
O Obradoiro nunca xogou en Europa, pero moitos dos seus xogadores si teñen experiencia en competicións continentais. Dous deles, sen ir máis lonxe, acaban de disputar o mundial coas súas seleccións: Jordan Howard, escolta norteamericano pero internacional con Porto Rico, e o Viquingo, Rigoberto Mendoza, internacional coa República Dominicana. No debut ligueiro #ante o Palencia, con todo, foi o ala-pivote estadounidense Tres Tinkle o que máis brillou con 15 puntos e 20 créditos de valoración. Tamén o fixo o canadense Thomas Scrubb, en quen Moncho Fernández segue mantendo unha fe cega. Ambos están a asumir un papel determinante na primeira eliminatoria da fase previa da BCL, do mesmo xeito que o ucraíno Artem Pustovyi.