O movemento en defensa do dereito ao aborto bótase ás rúas nos Estados Unidos
O movemento en defensa do dereito ao aborto bótase ás rúas nos Estados Unidos
Milleiros de persoas, desde feministas a activistas LGTBI, protestan pola derrogación da doutrina
Protestas en setenta cidades con incidentes en Iowa e Arizona
Biden pídelle ao Congreso unha lei federal que recupere o dereito ao aborto
Miles de persoas saíron á rúa en varias cidades dos Estados Unidos para protestar pola decisión do Tribunal Supremo de anular a protección do dereito ao aborto, vixente desde 1973.
As manifestacións foron especialmente numerosas diante do propio Tribunal, en Washington. Centos de persoas estiveron durante horas fronte ao Supremo con lemas como "o meu corpo e a miña decisión" ou "Abortemos o Tribunal".
Tamén en Nova York, nos Ánxeles ou Filadelfia. O aborto xa é ilegal en nove estados onde aprobaran leis prohibitivas que entraron en vigor agora, nada máis coñecerse a decisión do Supremo.
Dúas senadoras demócratas pedíronlle ao presidente Biden que declare unha emerxencia de saúde pública para protexer o dereito a interromper o embarazo.
A maioría das marchas foron pacíficas pero houbo incidentes en localidades de Iowa e de Arizona. A policía dispersou con gases lacrimóxenos os manifestantes diante do parlamento de Arizona.