O Movistar será un dos equipos World Team no Gran Camiño
O Movistar será un dos equipos World Team no Gran Camiño
O equipo navarro cumprirá este ano a súa 45ª tempada dentro da elite do ciclismo
O Movistar Team, que esta tempada se reforzou con ciclistas como Remy Cavagna, Davide Formolo, Davide Cimolai ou Nairo Quintana, será un dos equipos World Team que participará na terceira edición do Gran Camiño, segundo informou este martes a organización da proba.
O equipo navarro, vencedor da primeira edición con Alejandro Valverde, cumprirá este ano a súa 45ª tempada dentro da elite do ciclismo, o que lle converte no conxunto máis veterano do pelotón internacional.
En 2023, foi Ruben Guerreiro quen acudiu á proba como xefe de filas do Movistar Team. O portugués conseguiu facerse con dous segundos postos en senllas etapas e logrou o terceiro posto da clasificación xeral tras o danés Jonas Vingegaard (Jumbo-Visma) e o español Jesús Herrada (Cofidis), primeiro e segundo respectivamente.