Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mundo supera os cinco millóns de mortes por covid-19

O mundo supera os cinco millóns de mortes por covid-19

Desde o inicio da pandemia, rexistráronse máis de 246 millóns de contaxios en todo o mundo

Os EUA, o Brasil e a India, son os países máis castigados polo coronavirus

Os Estados Unidos, con 745 mil falecementos, son o país máis afectado Os Estados Unidos, con 745 mil falecementos, son o país máis afectado
G24.gal 01/11/2021 12:35

A cifra total de mortos pola covid–19 no mundo superou este luns os 5 millóns, segundo o reconto independente da Universidade Johns Hopkins.

Os Estados Unidos con 745.836 falecementos, o Brasil con 607.824 e a India con 458.437 son os países máis golpeados pola pandemia. 

En total, rexistráronse máis de 246 millóns de contaxios desde que se iniciou a pandemia a comezos de 2020. A listaxe dos contaxios tamén está liderada polos Estados Unidos, con case 46 millóns de cidadáns que contraeron a enfermidade. En segundo lugar está a India, con case 35 millóns de contaxios. O Brasil supera os 21 millóns de casos totais.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu da crecente disparidade no acceso ás vacinas como un dos principais riscos para controlar a pandemia. Das máis de 6.000 millóns de doses administradas a globalmente, máis do 80 % fórono en países de ingresos altos e medios, que representan en conxunto menos da metade da poboación mundial, segundo o organismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar